Abierto el proceso electoral 2022

ACTUALIZACIÓN: 12/11/2022. ELECCIÓN A PATROA MAIOR, VICEPATRÓNS 1º E 2º E VOGAIS DO CABIDO O sábado 12 de novembro tivo lugar a reunión constituínte da xunta xeral da confraría, logo das votacións do pasado 29/10/2022. Despois de tomar posesión os vogais, se procedeu á votación para os cargos de patroa maior, vicepatróns maiores primeiro e […]

Leer más

5 NOVOS PERMEX DE MARISQUEO A PÉ

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo veu de publicar en data 08/06/2022 Resolución do 8 de xuño de 2022 da xefa territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se autoriza o emprego da lista de reserva xurdida da relación definitiva de persoas non seleccionadas para ter acceso ao permiso de […]

Leer más

A Confraría de Pescadores de Lourizán leva a cabo un proxecto de rexeneración con aportación de semente de ameixa babosa para os bancos de marisqueo a flote – Praceres

No mes de xuño a confraría rematou un proxecto de rexeneración consistente na aportación de 750.000 unidades de semente de ameixa babosa (Venerupis corrugata) de talla entre 15 e 18 mm no banco marisqueiro a flote de Praceres. O dito proxecto foi levado a cabo ao abeiro da convocatoria de de axudas publicadas na Orde […]

Leer más

Botada a embarcación de vixilancia Mar de Lourizán

O Mar de Lourizán, a nova embarcación da confraría, está atracada desde o pasado venres 11 de febreiro de 2022 na dársena dos Praceres-Lourizán. A patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, explicou que este buque foi encargado a un estaleiro de Portonovo grazas ao apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro […]

Leer más

A Confraría de Pescadores de Lourizán remata un proxecto de rexeneración con aportación de semente para os bancos de marisqueo a flote – Os Cantís.

O pasado mes de setembro a confraría rematou un proxecto de rexeneración consistente na aportación de 750.000 unidades de semente de ameixa babosa (Venerupis corrugata)  de talla entre 15 e 18 mm nos bancos marisqueiros dos Cantís, do sector de a flote. A presente actuación vai permitir mellorar as condicións laborais e económicas do colectivo […]

Leer más

DIVULGACIÓN / XORNADA INFORMATIVA DO PROXECTO DE VIXILANCIA 2020-2021

Co fin de cumprir co disposto no artigo 5-2-i) da ORDE do 23 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e […]

Leer más

A CONFRARÍA DE PESCADORES DE LOURIZÁN RECIBE UNHA EMBARCACIÓN PARA A VIXILANCIA, CONSTRUÍDA CO APOIO DO GALP-6 DA RÍA DE PONTEVEDRA.

O pasado 21 de outubro, coincidindo coa instalación a bordo dunha mesa de clasificación de moluscos que completa o proxecto, foi entregada polo asteleiro Polymade de Portonovo a embarcación MAR DE LOURIZÁN, destinada ao Servizo de control de acceso ao recurso e vixilancia da Confraría de Pescadores de Lourizán. A dita embarcación permitirá fomentar o […]

Leer más