Botada a embarcación de vixilancia Mar de Lourizán

O Mar de Lourizán, a nova embarcación da confraría, está atracada desde o pasado venres 11 de febreiro de 2022 na dársena dos Praceres-Lourizán. A patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, explicou que este buque foi encargado a un estaleiro de Portonovo grazas ao apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP), financiado pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP).

 

Esta embarcación é unha embarcación de vixilancia e control de recursos, propiedade da confraría de Lourizán, pero que participará nos controis habituais das xornadas de traballo do sector a flote no ámbito dos plans conxuntos de explotación de marisqueo de Lourizán, Pontevedra e Raxo.

 

María del Carmen Vázquez explicou que o Mar de Lourizán ten como novidade a incorporación dunha clasificadora de marisqueo que permite descartar os inmaturos das tallas comerciais. Deste xeito, cando as embarcacións están no mar e lles toca pasar o control, pódese supervisar o tamaño das capturas de bivalvos sen ter que esperar a que se faga na poxa. Ademais, con este sistema, o produto que non acade o tamaño comercial pode ser devolto ao mar directamente, aforrando tempo e mellorando a xestión dos recursos.

 

Fonte: La Voz de Galicia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2022/02/15/cofradia-pescadores-recibe-mar-lourizan-gracias-apoyo-galp/0003_202202P15C5994.htm

Publicado en Noticias.