A Confraría de Pescadores de Lourizán leva a cabo un proxecto de rexeneración con aportación de semente de ameixa babosa para os bancos de marisqueo a flote – Praceres

No mes de xuño a confraría rematou un proxecto de rexeneración consistente na aportación de 750.000 unidades de semente de ameixa babosa (Venerupis corrugata) de talla entre 15 e 18 mm no banco marisqueiro a flote de Praceres. O dito proxecto foi levado a cabo ao abeiro da convocatoria de de axudas publicadas na Orde do 5 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria do ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209H).

A presente actuación vai permitir mellorar as condicións laborais e económicas do colectivo de marisqueo a flote da ría de Pontevedra, composto 108 embarcacións e 204 tripulantes, e foi subvencionado pola Consellería do Mar con Fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe de 12.000. €

Publicado en Noticias.