O marisqueo de Lourizán, presente na web de Associated Press

A prestixiosa axencia de prensa norteamericana Associated Press veu de publicar na súa páxina web unha reportaxe sobre o marisqueo a pé nos bancos marisqueiros de Praceres-Lourizán.

O recoñecido fotógrafo Álvaro Barrientos conviviu co colectivo de mariscadoras durante unha semana no pasado mes de abril, período no que mantivo numerosas entrevistas con profesionais da Confraría de Pescadores deLourizán e no que tomou as fotografías que sustentan a reportaxe.

O documento gráfico amosa unha excelente visión da realidade do colectivo e está realizado cunha delicada visión artística, capaz de reflectir con rigor e sensibilidade o traballo das mariscadoras de Lourizán.

Podedes acceder á reportaxe completa (en inglés) na seguinte ligazón:

https://apnews.com/article/spain-clams-collecters-climate-d87c049a2cb0538463be55584c7c8e83

Fotografías feitas por: Álvaro Barrientos.

https://es.linkedin.com/in/alvaro-barrientos-gomez-01b72971

 

Publicado en Noticias.