Proxecto para Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas do banco marisqueiro de Placeres na Confraría de Lourizán

A Confraría de Pescadores de Lourizán está a desenvolver un proxecto de Biodiversidade para mellorar as condicións do sedimento nas zonas máis fangosas dos bancos de marisqueo a pé. Consiste na limpeza de algas e arados intensivos nestas zonas durante os anos 2022 e 2023. O proxecto está financiado polo FEMP da UE e pola Consellería do Mar cunha axuda de 20.400 € repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 2.800 € á anualidade 2022 e 17.600 á anualidade 2023.

O proxecto ten coma obxectivo a recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas do Banco de marisqueo a Pé de Placeres (PO 022) da Confraría de Lourizán.

Os obxectivos estarán cumpridos totalmente á finalización do proxecto no 2023.

No ano 2022 a actividade centrouse na retirada de algas de arribazón, para evitar a anoxia do sedimento e a deposición da fracción máis fina de material suspendido na auga.

Inicialmente planeáronse xornadas de limpeza con tractores e desde embarcación, pero a situación deste ano imposibilitaron as limpezas con tractores, xa que as algas permaneceron na parte baixa dos bancos de marisqueo a pé. Por ese motivo se solicitou, e foi aprobado, un cambio para realizar todas as xornadas de limpeza de algas desde embarcación.

 Realizáronse cinco xornadas de limpezas de algas dende embarcación planificadas na primeira anualidade cun alto rendemento na retirada, polo que se considera que os obxectivos para o ano 2022 se cumpriron completamente logo de retirárense algas de arribazón nun área de 155.000 m2 no Banco de marisqueo de Placeres (PO 022) da Confraría de Lourizán.

 

Área de actuación:

 

 

Publicado en Noticias.