As Confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra retiran as algas na ría cunha máquina aspiradora e compactadora que revolucionará o sector

Fonte orixinal: CRTVG

 

  • Fai pacas de 400 quilos que en bruto serían 4 toneladas de algas
  • O sistema é innovador e varias confrarías xa mostraron interese nel
  • É un proxecto das confrarías de San Telmo, Raxó e Lourizán e o Galp da ría de Pontevedra

As confrarías sacan todos os anos centos de toneladas de algas das rías para que non asfixien o marisco. Na Ría de Pontevedra, en cinco meses poden extraer 600 toneladas. A limpeza adóitase facer con rastros pero as confrarías de San Telmo, Raxó e Lourizán están estreando un innovador sistema que aspira as algas do fondo mariño, sóbeas por un tubo e méteas nunha empacadora que lles extrae toda a auga e xera unha paca duns 400 quilos. En bruto, serían máis de catro toneladas de ulba.

  • Expectación polo seu funcionamento

A máquina espertou moito interese no sector xa que a retirada de algas nas confrarías é un traballo que consome moitos recursos e esforzos.

«Xa se puxeron en contacto con nós para saber como funciona porque é algo moi novedoso e moi necesario», comenta Andrés Simón, biólogo das confrarías da ría de Pontevedra.

A aspiradora traballa de forma continua. A diferencia co rastro é enorme: con el os depósitos énchense rápido porque a alga trae moita auga e hainos que ir baleirar.

  • Tenacidade e audacia

A empresa de Narón Demaux ideou e construíu a máquina. Adaptala non foi sinxelo… O proceso durou máis dun ano e ainda hoxe están axustando mecanismos«Fixo unha porta, fixo outra… A unidade de aspiración é a terceira, o motor é o quinto… Os problemas do tubo que sobe as algas foron moitos polo peso, polo difícil que era de manexar. A tripulación do barco buscou mil solucións», apunta Andrés Simón.

As pacas recólleas o concello de Poio, que fai compost con elas.

Publicado en Noticias.