2ª anualidade do Proxecto para Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas do banco marisqueiro de Placeres na Confraría de Lourizán

A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de rematar no mes de xuño un proxecto de Biodiversidade para mellorar as condicións do sedimento nas zonas máis fangosas dos bancos de marisqueo a pé. Consiste na limpeza de algas e arados intensivos nestas zonas durante os anos 2022 e 2023. O proxecto está financiado polo FEMP da UE e pola Consellería do Mar cunha axuda de 20.400 € repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 2.800 € á anualidade 2022 e 17.600 á anualidade 2023.

O proxecto tivo coma obxectivo a recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade en zonas enlodadas do Banco de marisqueo a Pé de Placeres (PO 022) da Confraría de Lourizán.

Os obxectivos están cumpridos totalmente a día 30 de xuño de 2023.

Durante a anualidade 2023 realizáronse unha gran cantidade de xornadas de remoción se substrato, tanto con tractores cando o permitiron as mareas vivas, como desde embarcación. Esta actividade ocupou a primeira parte do ano e, desde o mes de maio no que comezou a ser importante a presenza de algas de arribazón, pasouse a limpar estas algas, tamén con barcos e tractores.

Realizáronse 7 xornadas planificadas de limpezas de algas e 22 xornadas de remoción de substrato, ambas con barco e tractores, no Banco de marisqueo a Pé de Placeres (PO 022) da Confraría de Lourizán, cun alto rendemento na retirada, polo que se considera que os obxectivos para o ano 2023 se cumpriron completamente.

Retiráronse algas de arribazón e fixéronse remocións de substrato nun área de 155.000 m2 no Banco de marisqueo de Placeres (PO 022) da Confraría de Lourizán.

Área de actuación:

 

 

Publicado en Noticias.