A Confraría de Pescadores de Lourizán, co apoio do GALP-6, constrúe unha embarcación para o Servizo de Vixilancia

Grazas ao proxecto desenvolvido co apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, consonte á ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019, a Confraría de Pescadores de Lourizán asumiu a construción dunha nova embarcación para o Servizo de Control de Acceso ao Recurso (Servizo de Gardapescas).

 

A dita embarcación permitirá fomentar o crecemento económico no sector pesqueiro, cunha mellora do control sobre o esforzo pesqueiro e unha vixilancia sobre as extraccións non autorizadas, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Autonómica e os Servizos de Control de Acceso ao Recurso das demáis confrarías de pescadores da Ría de Pontevedra. Asemade, se mellorarán as condicións laborais dos gardapescas integrantes do devandito Servizo.

 

A duración do proxecto abrangue as anualidades 2020 e 2021, momento no que a nova embarcación deberá estar prestando servizo a finais dese ano.

Publicado en Noticias.