A Autoridade Portuaria de Marín inicia a instalación de novos pantaláns para o colectivo da Confraría de Lourizán.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra está a executar o proxecto de ordenamento da Dársena de Embarcacións Menores de Placeres-Lourizán. No dito proxecto se están instalando dous pantaláns flotantes pilotados con 19 puntos de amarre para esloras de ata 9 metros, que han dar servizo aos afiliados á Confraría de Pescadores de Lourizán titulares de embarcacións da terceira lista marítima, así como ás embarcacións pertencentes á propia entidade.

O proxecto se completa coa mellora do peche perimetral, acondicionamento do vial de acceso e reparación do pantalán de descargas de produtos da pesca, co fin de deixalo dedicado para estas tarefas en exclusividade. Ademáis se vai proceder á ordenación da dársena en todo o seu conxunto co fin de retirar da zona reservada ás embarcacións profesionais as de sétima lista ou lecer.

Estas actuacións supoñen un importante pulo ao sector pesqueiro e marisqueiro, así como unha gran mellora nas condicións de seguridade no traballo dos pescadores profesionais.

 

Publicado en Noticias.