A Confraría

A Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán nace o día 30 de novembro de 1950 co obxecto de defender os intereses do colectivo pesqueiro da pontevedresa parroquia de Lourizán.

A día de hoxe e de acordo coa Lei de Pesca Marítima do Estado, coa Lei de Pesca de Galicia, co Decreto de Confrarías de Pescadores e as súas Federacións, e cos seus Estatutos é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro, que representa os intereses económicos, sociais e corporativos do sector pesqueiro e marisqueiro.

Conta con 186 membros, e no seu ámbito territorial, exercen a súa actividade uns 500 profesionais do sector pesqueiro das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra, así como mergulladores destas entidades ademáis das de Marín, Bueu, Portonovo ou Sanxenxo.

octubre 2020

Lun Mar Mie Jue Vie Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Instalacións

A Confraría de Pescadores de Lourizán conta cunha sede social e administrativa, onde se xestiona a operativa corrente da entidade, sita na rúa do Areal, 6 – Lourizán, Pontevedra.

Conta asemade cun posto de control de marisqueo a pé onde se depositan as capturas das mariscadoras previo á poxa na lonxa e un punto de descarga autorizado na dársena de Praceres-Lourizán onde desembarcan a pesca as embarcacións da entidade, ademáis de dous almacéns de pertrechos.

Por outra banda, e como parte conformante da agrupacion de interese económico “Lonxa de Campelo, AIE”, dispón de espazos nesa instalación portuaria.

Mantén convenios coa Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra co obxecto de dispór de aulas de formación e almacéns no recinto do Porto de Marín.

Servizos

Os servizos que ofrece a confraría son amplos. Inclúen, dende a redacción, presentación e xestión dos plans de produción e de explotación das diferentes modalidades de pesca (marisqueo, mergullo, enmalle, nasas…) ata a prestación de asesoramento en materia laboral, contable e fiscal aos seus asociados, pasando polos servizos administrativos vinculados á renovación de permisos e licenzas, control de pesca de lecer nos ambitos marisqueiros, e vixilancia dos recursos pesqueiros a través do Servizo de Control de Acceso ao Recurso que conta con catro gardapescas.

Lourizán, o mar que permanece

Coñécenos un pouco mellor e descubre as profundidades da ría de Pontevedra coa axuda da TVG e os nosos protagonistas, as mariscadoras e todos aqueles que día a día traballan e aman o mar desta ría. Ao longo do reportaxe móstranse as tarefas diarias e as entrañas do mar, así como a súa gran riqueza e beleza. Se quedou coa vontade de descubrilo, faga clic na foto da esquerda e disfrútaa.

Noticias

AUTORIZACIÓN AO EMPREGO DA LISTA DE RESERVA DO PROCESO SELECTIVO PARA ACCEDER AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN PARA O MARISQUEO A PÉ NA CONFRARÍA DE LOURIZÁN

No día 10 de setembro faise pública a resolución do 10 de setembro de 2019 da xefatura territorial da...

AUTORIZACIÓN AO EMPREGO DA LISTA DE RESERVA DO PROCESO SELECTIVO PARA ACCEDER AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN PARA O MARISQUEO A PÉ NA CONFRARÍA DE LOURIZÁN

No día 12 de xuño faise pública a resolución do 12 de xuño de 2019 da xefatura territorial da...

LISTA DEFINIITVA DE ASPIRANTES SELECCIONADOS PARA O PERMEX DE MARISQUEO A PÉ

No día de hoxe 13 de marzo, faise pública a Resolución do 12 de marzo de 2019 da xefa...

OFERTA FORMATIVA GRATUITA DA CONFRARÍA

A Confraría oferta os seguintes cursos de formación para a xente do mar: Reciclaxe de formación básica (20 prazas)...

Posts Navigation

Actividades

Achégarte ao mar e descubre o auténtico mundo da pesca artesanal, e no noso día a día, a través de visitas guiadas, rutas gastronómicas, excursións marítimas e talleres didácticos para  pequenos grumetes.

Marisqueo a pe

Rutas

Visitas guiadas