Proxecto de Vixilancia 2025-26

A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de acometer no período 2025-2026 o Proxecto integral para operacións de salvagarda do medio establecendo condicións de control para actividade social e económica sustentable 2025/26.

Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:
• Control de acceso aos recursos pesqueiros e marisqueiros, vixilancia e salvagarda dos bancos marisqueiros.
• Loita contra o furtivismo.
• Control de capturas aos profesionais do sector e resembras dos excedentes.
• Control da pesca de lecer no ámbito das autorizacións marisqueiras.
• Apoio ás FFCCSE no ámbito das súas funcións.
Os resultados obtidos ao longo do devandito período foron satisfactorios, acadándose:
• Correcto control de acceso ao recurso dos profesionais
• Redución salientable do furtivismo na súa área de actuación
• Ordenación da pesca de lecer e á obtención de cebo vivo nas áreas autorizadas
• Colaboración constante coas FFCCSE na loita contra o furtivismo

O dito proxecto foi realizado contando co apoio financeiro da Unión Europea a través do FEMPA, quen aportou un total do 70% da axuda por importe de 62.739,00 €, destinados aos custes do persoal contratado para o dito fin, repartidos do seguinte xeito:
• Anualidade 2025: 31.369,50 €
• Anualidade 2026: 31.369,50 €

Ao remate do proxecto, celebrarase unha xornada de difusión entre os afiliados á entidade, co fin de pór en coñecemento os logros obtidos entre a masa social da entidade.

Publicado en Noticias.