A Confraría de Pescadores de Lourizán adquiriu un total de 10 colectores de lixo para a súa instalación na dársena de embarcacións menores de Placeres, onde amarra a frota pesqueira e as embarcacións de vixilancia da entidade.

Coa adquisición destes elementos, búscase dotar de equipamentos á dársena empregada polos afiliados á confraría que contribúan á protección do ambiente e os que permitan reducir a pegada de carbono asociada ás actividades que se desenvolven nos edificios ou instalacións dos portos pesqueiros en que se presten servizos ou desenvolvan actividades directamente vinculadas coa actividade pesqueira, nas lonxas pesqueiras ou nas instalacións de frío existentes xestionadas pola Confraría de Pescadores de Lourizán.
O obxectivo horizontal é a promoción da redución de residuos, de verteduras e de emisións contaminantes ou ocupación do solo, que impliquen a redución do impacto ou a pegada ambiental do sector, permitindo mellorar de xeito tanxible a os servizos diarios ás persoas pescadoras e mariscadoras que empregan o porto, facilitándolles colectores para lixo individualizados onde poder depositar os refugallos procedentes da súa actividade.

O proxecto supuxo un custe de 2.500,00 € que foron subencionados pola Consellería do Mar e financiado pola Unión Europea – Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nunha porcentaxe do 70% e pola Comunidade Autónoma de Galicia nun 30%

