O IV Plan Social de ENCE avanza na Confraría de Pescadores de Lourizán

#enceplansocialpontevedra

O IV Plan Social de ENCE avanza na confraría neste ano 2024. No dito plan social persíguese o sostemento da actividade administrativa e de servizos ao colectivo da pesca e do marisqueo da ría de Pontevedra, así como a mellora das instalacións da sede social da Confraría de Pescadores de Lourizán, coa renovación dos aseos do edificio.

O plan iniciado en agosto permitiu a redución dos custos de xestión dos servizos da entidade e a súa repercusión sobre a masa social, moi afectada pola elevada mortandade sufrida nos pasados meses de outubro e novembro de 2023 por mor das choivas torrenciais do outono. Deste xeito ENCE postúlase como fundamental socio no sostemento da actividade grazas ao seu mecenado, logo das perdas na produción por causas meteorolóxicas.

Asemade, neste exercicio, vanse iniciar de xeito inmediato as actuacións para a mellora e substitución dos aseos da sede social da Confraría de Pescadores de Lourizán, con cargo ao proxecto financiado no marco do IV Plan Social de ENCE.

Publicado en Noticias y etiquetado .