Publicación lista definitiva aspirantes PERMEX marisqueo a pé


ACTUALIZACIÓN DE 27/09/2023

  • Publicación lista definitiva de aspirantes

RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO POLA QUE SE PUBLICA O LISTADO DE PERSOAS ASPIRANTES SELECCIONADAS PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN DE MARISQUEO A PÉ NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE LOURIZÁN, E SE ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

RESOLUCIÓN

Publicada en data 27/09/2023 Resolución da Xefa Territorial de Vigo da Consellería do Mar cos aspirantes seleccionados e a lista de reserva que terá vixencia dun (1) ano. Ábrese un prazo de presentación de documentación por un período de 15 días hábiles (ata o 19/10/2023) para presentar a seguinte documentación:

a) Certificado de estar empadroado/a nun municipio do litoral de Galicia. Esta documentación non será necesario que se presente no caso de consentimento expreso da persoa para comprobar os datos de residencia mediante consulta ao sistema de verificación de datos, de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009.
b) Certificado da Seguridade Social de non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptor da renda de integración social de Galicia. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos. As persoas perceptoras da renda de integración social deberán achegar escrito de renuncia a esta prestación.
c) Documento médico que acredite non estar incapacitado/a para exercer as labores do marisqueo.
d) Fotografía de tamaño carné, actual.
e) Certificado de mariscador.

No caso de non ter asinado a autorización para a consulta do certificado de mariscador e no caso de que o posúan e non fose presentado coa solicitude: copia do certificado de mariscador. Aquelas persoas que non o posúan, terán que realizar o curso a primeira vez que sexan convocados (salvo causa debidamente xustificada) pola Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

 

Esta documentación deberá dirixirse á Xefatura Comarcal de Pontevedra antes do 19/10/2023.

 

 


ACTUALIZACIÓN DE 26/09/2023

  • Resultado sorteo desempate aspirantes

Publicada acta do SORTEO PARA DIRIMIR O EMPATE ENTRE ASPIRANTES ADMITIDOS NO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN A PÉ NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE LOURIZÁN

ACTA DO SORTEO

 


ACTUALIZACIÓN DE 19/09/2023

  • Convocatoria sorteo desempate aspirantes

Mediante comunicación da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, foi notificada a esta confraría de pescadores data de celebración do SORTEO PARA DIRIMIR O EMPATE ENTRE ASPIRANTES ADMITIDOS NO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN A PÉ NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE LOURIZÁN

O dito sorteo terá lugar no seguinte enderezo:

  • Lugar de celebración:
    SALON DE ACTOS do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia- Torre 1
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 Vigo
  • Data: Luns, 25 de setembro de 2023
  • Hora: 10:00 h en única convocatoria

A asistencia é voluntaria e aquelas persoas que desexen asistir, deberán notificalo, indicando a intención de acudir, o seu nome, apelidos e DNI antes do venres 25/09/2023 ao seguiente enderezo electrónico:

  • recursosmarinos.cmm.vigo@xunta.gal

COMUNICACIÓN

 


ACTUALIZACIÓN DE 21/08/2023

  • Relación provisional de aspirantes

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo publicou en data 21/08/2023 a RESOLUCIÓN POLA QUE SE PUBLICA A RELACIÓN DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN DE MARISQUEO A PÉ NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE LOURIZÁN, COA PUNTIUACIÓN PROVISIONAL OBTIDA, E AS PERSOAS EXCLUÍDAS DO PROCESO.

Nesta resolución se procede á asignación da puntuación provisional aos aspirantes, consonte á documentación aportada na fase de presentación de solicitudes. Establécense 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación (ata o 11/09/2023) para que os aspirantes formulen as alegacións ás puntuacións que estimen oportunas.

A orde de relación nesta Resolución Provisional é alfabética. Atópase publicada no taboleiro de anuncios da Confraría de Pescadores de Lourizán, para os efectos de publicidade.

RESOLUCION

 


ACTUALIZACIÓN DE 20/07/2023

  • Requirimento de emenda de 4 aspirantes

En data 20/07/2023 a Consellería do Mar publica requirimento para catro aspirantes ao permiso de explotación para o marisqueo a pé na Confraría de Pescadores de Lourizán.

Prazo de aportación da documentación 10 días hábiles. (Ata o 04/08/2023). Atópase publicada no taboleiro de anuncios da entidade e na web da consellería.

REQUIRIMENTO DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR EN VIGO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN EN VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NO
PROCESO SELECTIVO DE ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO A PÉ DA CONFRARÍA DE LOURIZÁN

 


ACTUALIZACIÓN DE 15/06/2023

  • Convocados 5 PERMEX de marisqueo a pé

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo publicou en data 15/06/2023 Resolución do 14 de xuño de 2023 da xefa territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da Confraría de Lourizán.

Nesta resolución se conceden 5 novas prazas para o marisqueo a pé.

O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro 06/07/2023 (Data de publicación 15/06/2023 para 15 días hábiles). As ditas solicitudes deberán presentarse no Rexistro da Xunta de Galicia en Pontevedra (Av Mª Victoria Moreno, 43 – 36071 Pontevedra) ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O modelo de solicitude e a documentación complementaria pódese descargar dende as seguintes ligazóns:

 

AXUDA Á PRESENTACIÓN

INFORMACION presentación

 

RESOLUCIÓN E ANEXO A DE BASES DA CONVOCATORIA:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/anuncios/2023-06/RESOLUCION-E-BASES-DE-CONVOCATORIA-ANEXO-A-LOURIZAN.pdf

 

ANEXO II (MODELO DE SOLICITUDE):

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/anuncios/2023-06/ANEXO-B-Solicitude-procedemento-PE401B.pdf

 

CATÁLOGO DE FORMACIÓN:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/anuncios/2023-06/ANEXO-C-catalogo-marisqueo-a-pe-maio-2023.pdf

 

BAREMO DA PUNTUACIÓN

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/anuncios/2023-06/ANEXO-D-Baremo-marisqueo-a-pe.pdf

 

Esta documentación publícase en data 15/06/2023 no taboleiro de anuncios da Confraría de Pescadores de Lourizán. Rúa do Areal, 6 – Lourizán. 36910 Pontevedra.

Publicado en Noticias.