A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de desenvolver nos meses de agosto a novembro de 2025 un proxecto ao abeiro dos Grupos de Acción Local da Pesca, GALP-6 para a ría de Pontevedra, denominado “MIRANDO POLO MAR”.
Neste proxecto se busca permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas, tendo como obxecto a adquisición de equipamento de cámaras de seguridade para as instalacións privativas da Confraría de Pescadores de Lourizán cun dobre obxectivo de incluir sistemas de control de acceso as súas instalacións (cámaras na oficina da confraría e barco de vixilancia) e por outra banda, control do furtivismo mediante detección de movemento con cámaras térmicas de avanzada tecnoloxía no punto de control.
O importe acadou os 15.279,83 € e obtivo unha subvención do 100% por parte da Administración, sendo participada nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola Comunidad Autónoma de Galicia.


