A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de realizar entre os meses de xullo e outubro de 2026 un proxecto desenvolvido ao abeiro dos Grupos de Acción Local da Pesca, GALP-6 para a ría de Pontevedra, denominado “ENERXÍA RENOVABLE NO MAR DE LOURIZÁN (DOTACIÓN EQUIPAMENTO FOTOVOLTAICO PARA ALIMENTACIÓN DE EQUIPAMENTOS E PLOTTER DE NAVEGACIÓN)” instalado na embarcación do Servizo de Garderío Marítimo e Vixilancia da entidade.

A instalación dos sistemas obxecto do presente proxecto permitiron acadar os seguintes obxectivos xerais:
• Promoción do desenvolvemento do do sector pesqueiro, mellorando a rendibilidade económica e favorecendo o relevo xeracional e a sustentabilidade económica.
• Potenciamento da pesca costeira artesanal e da participación na protección e conservación do medio natural e do patrimonio cultural.
• Fortalecemento da produción pesqueira local coa achega de produto de proximidade e calidade.
• Potenciamento de cadeas de subministración de baixas emisións e sustentabilidade ambiental.
• Adaptación e mitigación do cambio climático, mantendo o mar limpo, protexendo os ecosistemas e a diversidade mariña e sustentabilidade na explotación dos recursos mariños.
• Emprego de enerxías limpas.
• Promoción de de servizos e infraestruturas no ámbito local que axudan ao desenvolvemento da zona costeira no seu ámbito de actuación.
• Obtención de indicadores de crecemento azul, co desenvolvemento de actividades empresariais en eidos como o das enerxías renovables, permitindo sinerxias con outros axentes, como a pesca turismo.
• Melloras na seguridade na navegación da embarcación de vixilancia da Confraría de Pescadores de Lourizán.

O importe acadou os 5.665,25 € e obtivo unha subvención do 100% por parte da Administración, sendo participada nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola Comunidad Autónoma de Galicia.

Código de Proxecto: PE155A-2026-023

