O proxecto ten coma obxectivo a recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade no banco de marisqueo a pé de Placeres (PO 022). E recuperación da poboación de ameixa babosa no banco a flote de Cantil de Lourizán (PO 023).
Accións realizadas:
- Sementeira de xuvenís de ameixa babosa – Previa preparación do terreo con arados e, de ser preciso, retirada de algas e control de depredadores.
- Limpeza e retirada de algas de arribazón – Xa que favorecen sobremaneira a anoxia do sedimento e a deposición da fracción máis fina de material suspendido na auga. É imprescindible a súa retirada para manter as condicións e a estrutura sedimentaria, e para evitar mortandades masivas de organismos infaunais.
- Remocións de substrato – Para mellorar a osixenación e a porosidade do substrato areoso, reducindo o máis posible a deposición de sedimentos finos e favorecerendo a resuspensión daqueles elementos máis finos que xa se atopan nas capas altas do sedimento.
- A presenza dunha alta porcentaxe de finos e limos produce unha compactación do sedimento que impide a súa correcta osixenación.
As actividades realizáronse coa embarcación de Lonxa de Campelo AIE e consistiron en:
- Sementeira de 1.114.286 unidades de ameixa babosa, por importe de 23.400,00 €
- Xornadas de arados e remoción do substrato con embarcación, por importe de 5.600,00 €
- Limpeza de algas con barco, por importe de 5.600,00 €
A totalidade das accións supuxo un custe total de 34.600,00 € que foron subvencionados pola Consellería do Mar a través dos fondos FEMPA cun 70% aportado pola UE e un 30% pola CA.