A Confraría
A Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán nace o día 30 de novembro de 1950 co obxecto de defender os intereses do colectivo pesqueiro da pontevedresa parroquia de Lourizán.
A día de hoxe e de acordo coa Lei de Pesca Marítima do Estado, coa Lei de Pesca de Galicia, co Decreto de Confrarías de Pescadores e as súas Federacións, e cos seus Estatutos é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro, que representa os intereses económicos, sociais e corporativos do sector pesqueiro e marisqueiro.
Conta con 186 membros, e no seu ámbito territorial, exercen a súa actividade uns 500 profesionais do sector pesqueiro das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra, así como mergulladores destas entidades ademáis das de Marín, Bueu, Portonovo ou Sanxenxo.
| octubre 2025 | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| lun | mar | mié | jue | vie | sáb | dom | 
| 
		1
		
		
	 | 
		2
		
		
	 | 
		3
		
		
	 | 
		4
		
		
	 | 
		5
		
		
	 | ||
| 
		6
		
		
	 | 
		7
		
		
	 | 
		8
		
		
	 | 
		9
		
		
	 | 
		10
		
		
	 | 
		11
		
		
	 | 
		12
		
		
	 | 
| 
		13
		
		
	 | 
		14
		
		
	 | 
		15
		
		
	 | 
		16
		
		
	 | 
		17
		
		
	 | 
		18
		
		
	 | 
		19
		
		
	 | 
| 
		20
		
		
	 | 
		21
		
		
	 | 
		22
		
		
	 | 
		23
		
		
	 | 
		24
		
		
	 | 
		25
		
		
	 | 
		26
		
		
	 | 
| 
		27
		
		
	 | 
		28
		
		
	 | 
		29
		
		
	 | 
		30
		
		
	 | 
		31
		
		
	 | ||
 
Instalacións
A Confraría de Pescadores de Lourizán conta cunha sede social e administrativa, onde se xestiona a operativa corrente da entidade, sita na rúa do Areal, 6 – Lourizán, Pontevedra.
Conta asemade cun posto de control de marisqueo a pé onde se depositan as capturas das mariscadoras previo á poxa na lonxa e un punto de descarga autorizado na dársena de Praceres-Lourizán onde desembarcan a pesca as embarcacións da entidade, ademáis de dous almacéns de pertrechos.
Por outra banda, e como parte conformante da agrupacion de interese económico “Lonxa de Campelo, AIE”, dispón de espazos nesa instalación portuaria.
Mantén convenios coa Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra co obxecto de dispór de aulas de formación e almacéns no recinto do Porto de Marín.
Servizos
Os servizos que ofrece a confraría son amplos. Inclúen, dende a redacción, presentación e xestión dos plans de produción e de explotación das diferentes modalidades de pesca (marisqueo, mergullo, enmalle, nasas…) ata a prestación de asesoramento en materia laboral, contable e fiscal aos seus asociados, pasando polos servizos administrativos vinculados á renovación de permisos e licenzas, control de pesca de lecer nos ambitos marisqueiros, e vixilancia dos recursos pesqueiros a través do Servizo de Control de Acceso ao Recurso que conta con catro gardapescas.
 
Lourizán, o mar que permanece
Coñécenos un pouco mellor e descubre as profundidades da ría de Pontevedra coa axuda da TVG e os nosos protagonistas, as mariscadoras e todos aqueles que día a día traballan e aman o mar desta ría. Ao longo do reportaxe móstranse as tarefas diarias e as entrañas do mar, así como a súa gran riqueza e beleza. Se quedou coa vontade de descubrilo, faga clic na foto da esquerda e disfrútaa.
Noticias
1 Sep 2025 - Noticias
Recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade do banco de marisqueo a pé de Placeres e da poboación no banco de Cantil de Lourizán
O proxecto ten coma obxectivo a recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade no banco de marisqueo a pé...
14 Ago 2025 - Noticias
PROXECTO DE CONSERVACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS A PÉ E A FLOTE
A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de acometer un proxecto colectivo plurianual para a conservación e restauración da...
13 Ago 2025 - Noticias
Proxecto de Vixilancia 2024-25
A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de acometer no período 2024-2025 o Proxecto integral para operacións de salvagarda...
24 Mar 2025 - Noticias
A Confraría de Pescadores de Lourizán, beneficiaria do V Plan Social de ENCE
A Confraría de Pescadores de Lourizán e a empresa ENCE asinaron en data 14/03/2025 un contrato de patrocinio dentro...
Posts Navigation
Actividades
Achégarte ao mar e descubre o auténtico mundo da pesca artesanal, e no noso día a día, a través de visitas guiadas, rutas gastronómicas, excursións marítimas e talleres didácticos para pequenos grumetes.

 
             
 
																			 
																			 
																			 
																			 Visitas guiadas
Visitas guiadas 
 
 
 
 
 
