A Confraría de Pescadores de Lourizán solicitou unha axuda para a adquisición dunha nova clasificadora de moluscos para o colectivo do marisqueo a pé, a través da ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G).
A mencionada clasificadora instálase no posto de control do marisqueo a pé d’O Cabo e está dotada dun sistema informatizado de pesaxe totalmente permeable ao entorno PRIMARE de Lonxas 4.0, permitindo ao colectivo una optimización da súa actividade así como unha máis precisa clasificación das capturas deste sector, redundando nunha mellora na cadea de comercialización.
O importe da subvención acada os 38.015,00 € co obxectivo de dotar ao posto de control de marisqueo a pé da Confraría de Pescadores de Lourizán de equipamentos para a clasificación, xestión informática e rexistro de moluscos bivalvos con destino ao punto de venda e foi concedida pola Consellería Do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) nun 70% e pola Comunidade Autónoma de Galicia nun 30% (Proxecto PE209G-2025-022)


