PROXECTO DE CONSERVACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS A PÉ E A FLOTE

A Confraría de Pescadores de Lourizán veu de acometer un proxecto colectivo plurianual para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables. (PE209B-2024-016) para os sectores da produción do marisqueo a flote e a pé.

O proxecto tiña coma obxectivo a recuperación da estrutura sedimentaria e a biodiversidade nos bancos de Placeres (PO 022), Cantil de Lourizán (PO-023) e Río Lérez (PO-019) do plan de Xestión desde Embarcación e foi dotado con 72.000 € para as anualidades 2024 e 2025, a razón de 40.000 € na primeira anualidade e 32.000 na segunda.

Os obxectivos específicos son:

  • Favorecer a osixenación e a resuspensión da fracción máis fina do sedimento
  • Reducir a anoxia e a deposición de finos eliminando as capas de algas de arribazon
  • Restablecer o equilibrio da poboación de depredadores
  • Eliminar agregacións de mexillón epifaunais
  • Mellorar as condicións para que se incremente a biodiversidade

O reparto de cada unha das actividades nos bancos obxecto do proxecto foi a seguinte:

Anualidade 2024

  •  Remocións de substrato realizadas: 22
  • Cantil Placeres 2
  • Río Lérez 6
  • Placeres 14
  •  Control Depredadores realizados: 11
  • Placeres: 11
  •  Limpezas mexillón realizadas: 17
  • Río Lérez: 11
  • Placeres: 6

Anualidade 2025

  •  Remocións de substrato realizadas: 11
  • Placeres: 5
  • Río Lérez: 6
  •  Control Depredadores realizadas: 10
  • Cantil de Placeres: 3
  • Placeres: 4
  • Río Lérez: 3
  •  Limpeza de algas realizadas: 14
  • Cantil de Placeres: 6
  • Placeres: 8
  •  Limpeza mexillón realizadas: 5
  • Río Lérez: 5

Publicado en Noticias.