INSTALACIÓN DUN POSTO TICPESC NA DÁRSENA DE PRACERES

Dende o 19 de maio de 2020 está en funcionamento un novo terminal TICPESC na dársena de Praceres para embarcacións menores da Confraría de Pescadores de Lourizán, co fin de darlle servizo ás embarcacions dos afiliados á Confraría de Lourizán.

A instalación correu a cargo da Consellería do Mar, en colaboración coa Confraría de Pescadores de Lourizán, e premitirá aos armadores afiliados á confraria a obtención de diversos servizos e funcionalidades necesarias para a súa actividade pesqueira.

As ditas funcionalidades son:

  • Obtención do documento de transporte: para trasladar as súas capturas dende o porto de desembarque ata o porto onde estea a lonxa na que vai realizar as súas vendas.
  • Obtención do documento de alternancia de artes: para declarar a arte despachada polo buque para o exercicio da actividade pesqueira.

O acceso ao terminal realizarase coa tarxeta TICPESC ou co DNI electrónico. Para a obtención da tarxeta TICPESC, o interesado débea solicitar no Servizo de Análises e Rexistros da Consellería do Mar.

Calquera incidencia co sistema deberá ser notificado ao teléfono 986 447 232 del CAU (Centro de Atención ao Usuario), xestionado por SAEC DATA.

Máis información:

https://www.pescadegalicia.gal/gl/ticpesc

Publicado en Noticias.