A Confraría

A Confraría de Pescadores Santo André de Lourizán nace o día 30 de novembro de 1950 co obxecto de defender os intereses do colectivo pesqueiro da pontevedresa parroquia de Lourizán.

A día de hoxe e de acordo coa Lei de Pesca Marítima do Estado, coa Lei de Pesca de Galicia, co Decreto de Confrarías de Pescadores e as súas Federacións, e cos seus Estatutos é unha corporación de dereito público sen ánimo de lucro, que representa os intereses económicos, sociais e corporativos do sector pesqueiro e marisqueiro.

Conta con 186 membros, e no seu ámbito territorial, exercen a súa actividade uns 500 profesionais do sector pesqueiro das confrarías de Lourizán, Raxó e Pontevedra, así como mergulladores destas entidades ademáis das de Marín, Bueu, Portonovo ou Sanxenxo.

diciembre 2018

Lun Mar Mie Jue Vie Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Instalacións

A Confraría de Pescadores de Lourizán conta cunha sede social e administrativa, onde se xestiona a operativa corrente da entidade, sita na rúa do Areal, 6 – Lourizán, Pontevedra.

Conta asemade cun posto de control de marisqueo a pé onde se depositan as capturas das mariscadoras previo á poxa na lonxa e un punto de descarga autorizado na dársena de Praceres-Lourizán onde desembarcan a pesca as embarcacións da entidade, ademáis de dous almacéns de pertrechos.

Por outra banda, e como parte conformante da agrupacion de interese económico “Lonxa de Campelo, AIE”, dispón de espazos nesa instalación portuaria.

Mantén convenios coa Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra co obxecto de dispór de aulas de formación e almacéns no recinto do Porto de Marín.

Servizos

Os servizos que ofrece a confraría son amplos. Inclúen, dende a redacción, presentación e xestión dos plans de produción e de explotación das diferentes modalidades de pesca (marisqueo, mergullo, enmalle, nasas…) ata a prestación de asesoramento en materia laboral, contable e fiscal aos seus asociados, pasando polos servizos administrativos vinculados á renovación de permisos e licenzas, control de pesca de lecer nos ambitos marisqueiros, e vixilancia dos recursos pesqueiros a través do Servizo de Control de Acceso ao Recurso que conta con catro gardapescas.

Lourizán, o mar que permanece

Coñécenos un pouco mellor e descubre as profundidades da ría de Pontevedra coa axuda da TVG e os nosos protagonistas, as mariscadoras e todos aqueles que día a día traballan e aman o mar desta ría. Ao longo do reportaxe móstranse as tarefas diarias e as entrañas do mar, así como a súa gran riqueza e beleza. Se quedou coa vontade de descubrilo, faga clic na foto da esquerda e disfrútaa.

Noticias

Malestar entre el sector del mar por las diferencias del Xunta y Concello sobre el plan para sanear la ría

La Mesa Polo Saneamento da Ría, se reunió el pasado día 23 de octubre de 2018, para tratar los...

Proceso electoral 2018 en la Cofradía de Pescadores de Lourizán

Hoy sábado día 29 de septiembre tuvo lugar un importante acontecimiento para la Cofradía. Se celebran las elecciones a...

Mariscadoras de Lourizán rescatan a un delfín varado ante celulosas

 Un grupo de mariscadoras que faenaban en el banco marisquero de Lourizán, salvan a una hembra adulta de delfín...

El banco de Os Praceres se pone a punto con la retirada de algas con tractores

La Cofradía de Lourizán empieza la limpieza del banco de marisqueo de Os Praceres. Se emplean dos máquinas para...

Posts Navigation

Actividades

Achégarte ao mar e descubre o auténtico mundo da pesca artesanal, e no noso día a día, a través de visitas guiadas, rutas gastronómicas, excursións marítimas e talleres didácticos para  pequenos grumetes.

Marisqueo a pe

Rutas

Visitas guiadas